Finalistas e entrega de premio

13November2009

O martes 17 de Novembro, ás 16:30 da tarde terá lugar o evento final do Premio ó mellor PFC con Software Libre 2008/2009, no Salón de Grados da Escola Superior de Enxeñería  Informática de Ourense.

Con este evento pecharase a terceira edición desta iniciativa, consolidando a participación á vez que se mantén a calidade dos participantes. Ata 9 finalistas das tres facultades de informática de Galicia participan nesta edición do evento.

Os finalistas son:

O evento terá lugar no salón de grados da Escola de Informática de Ourense:

  • 16:30 – Benvida: presentación dos anfitrións, organizadores e xurado.
  • 16:45 – Presentacións dos finalistas.
  • 19:00 – Avaliación e entrega de premios.

Ó finalizar o evento, ofreceranse uns pinchos ós participantes e asistentes na propia cafetería daEscola Superior de Enxeñería Informática.

Terceira edición do Premio ó mellor PFC de Software Libre

17September2009

Igalia, empresa galega de Software Libre, convoca o Premio ó Mellor Proxecto Fin  de Carreira (PFC) con Software Libre 2009.

Este evento xurde para fomentar o acercamento  e coñecemento dos universitarios galegos sobre o Software Libre (SwL) e promover o emprego de calidade baseado nas tecnoloxías da información e da comunicacion. O obxectivo é que moitos dos PFCs que se presentan cada ano nas diferentes escolas e facultades de Galicia sexan desenvolvidos como Software Libre, premiando ó mellor deles con 1,000€ e a difusión pública do mesmo.

O período de inscrición remata o 30 de outubro de 2009. A participación está aberta a calquera  estudante dunha universidade galega que defenda o seu PFC cunha nota mínima de 5.0 nalgunha das convocatorias do ano académico 2008/2009.

A iniciativa, coa que colaboran as 3 universidades galegas e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica a través de Mancomún, o  “Centro de Referencia e Servizos de Software Libre” de Galicia, contará con un premio de 1,000 €. O premio entregarase no salón de actos da Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo, campus de Ourense, durante a terceira semana de novembro, podendo o xurado decidir a concesión dun accésit de 500 €.