Xurado e Criterios de avaliación

¿Quen forma o xurado do Premio?

O xurado estará composto por:

  • Universidades galegas (3 persoas): os directores/decanos das tres escolas/facultades de informática, ou a persoa na que deleguen.
  • Mancomun.org (1 persoa): o coordinador de mancomún ou a persoa na que delegue.
  • Igalia Free Software Engineering (2 persoas).

¿Qué criterios ten o xurado para avaliar e conceder o Premio?

Os aspectos que o xurado terá en conta serán:

  • Calidade do proxecto: deseño e implementación.
  • Nivel de actividade pública do PFC. Valorarase a publicación continúa do traballo, ben sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, as da forxa de mancomun.org ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais.

Realicei o meu PFC como parte do traballo final dunha enxeñería técnica. ¿Cómo se diferencia esto dun PFC dunha enxeñería superior?

É perfectamente posible que un PFC dunha titulación de primeiro ciclo gañe o concurso. O xurado non diferencia entre titulacións. Nos criterios de avaliación, téñense en conta tanto criterios técnicos de calidade como aspectos específicos de software libre deixando ó marxe a titulación da que proveña o estudante.

¿En qué consiste o premio?

O premio consiste en 1,000€. Ademáis, se o xurado o considerase adecuado, podería ser tamén entregado un accésit de 500€. Ademáis, para todos os participantes no premio ofrecerase un desconto do 10% adicional nas taxas de inscripción do Master en Software Libre.

O concurso poderá ser declarado deserto no caso de que ningún dos presentados reúna a calidade mínima necesaria.