¿Quen pode participar?
Calquera estudante matriculado nalgunha das titulacións de primeiro ou segundo ciclo do Sistema Universitario Galego. Os Proxectos Fin de Carreira presentados deben estar defendidos, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias do ano académico 2009/2010, ben sexa ordinaria ou extraordinaria.
¿Pode presentarse calquera Proxecto Fin de Carreira (PFC)?
Ademáis dos anteriores, os únicos requisitos que debe ter un PFC para poder participar son:
- Que sexa realizado cunha implementación libre de calquera linguaxe de programación.
- Que o software desenvolvido durante o PFC teña unha licencia libre entre as recoñecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative.
Teño un proxecto realizado para un Máster ou doutorando ¿podo participar nesta iniciativa?
A inscripción está aberta únicamente para Proxectos Fin de Carreira de titulacións de primeiro e segundo ciclo.
Faríase complexo avaliar a calidade dun proxecto entregado nunha carreira de primeiro ou segundo ciclo fronte a outros traballos de Másters ou Doutorandos, polo que se restrinxe a participación a PFC.
Teño un proxecto realizado no meu tempo persoal, ¿podo participar no premio?
Estamos encantados de que programes e realices proxectos de Software Libre no teu tempo de ocio
Fomentar a participación en proxectos de Software Libre é o obxectivo inicial desta iniciativa. Mais debido á complexidade que tería avaliar os distintos tipos de traballos, neste concurso só poden participar Proxectos Fin de Carreira de titulacións de primeiro e segundo ciclo.