Obxectivos

¿Por qué fomentades esta iniciativa?

Ésta é a cuarta edición do Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre (SwL). O noso obxectivo é fomentar a participación dos estudantes universitarios galegos no Software Libre.

Ademáis das cuestións éticas e de compartición do coñecemento relacionadas co SwL, éste é un área de traballo en crecemento. Con esta iniciativa desexamos premiar a labor que están a realizar os universitarios galegos á vez que se pón en valor o traballo que realizan durante o seu Proxecto Fin de Carreira.