Datas e cómo inscribirse

¿Cal é a data límite de inscripción?

A inscripción poderase realizar ata o 31 de outubro de 2009, a través do formulario web desta mesma páxina.

¿Qué se require para efectuar a inscripción?

  1. Inscribir o proxecto na forxa de mancomún no tópico “Concursos > Premio ó mellor PFC con Software Libre > 2009“e darse de alta na rolda de correo.
  2. Cubrir o formulario de inscripción.
  3. Entregar unha memoria (máximo 10 páxinas) explicativa dos aspectos  específicos do Software Libre e actividade pública do proxecto antes do 31 de Outubro.

¿Cómo me dou de alta na forxa de mancomún?

Para dar de alta o proxecto na forxa de mancomún, hai que realizar os seguintes pasos:

  1. Darse de alta como usuario [PNG] [PDF]
  2. Rexistrar o PFC na forxa [PNG] [PDF]
  3. Rexistrar o PFC na categoría Premio ó mellor PFC con SwL (ano 2009) [PNG] [PDF]

Existen varios manuais e guías visuais na forxa de mancomún para introducirse no seu uso.

Utilizo outras forxas ou repositorios para xestionar a actividade do meu proxecto, ¿é necesario dalo de alta na forxa de mancomún?

Aínda que no día a día do proxecto utilices outras ferramentas de xestión, é preciso dalo de alta na forxa de mancomún na sección “Premio PFC Sw Libre > 2009“.

¿Onde se entregará o Premio?

O Premio entregarase no salón de actos da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense, durante a terceira semana de novembro de 2009. Ademáis da memoria, os finalistas terán que realizar unha presentación do PFC ante o xurado.