¿Cal é a mellor licencia para o meu Proxecto Fin de Carreira (PFC)?
Depende. Aínda que a máis usada é a GPL, podes elexir calquera das aprobadas como libres pola Free Software Foundation ou a Open Source Initiative. Se tes algunha dúbida podes ver as principais diferencias entre os tipos de licencias.
¿Podo elexir a licencia que desexe para o meu PFC? ¿Non é incompatible coa normativa universitaria?
Se tes dúbidas o mellor que podes facer é preguntar directamente no teu centro. De todos modos, logo de contactar cos responsables das facultades de informática e revisar a normativa vixente, vemos que é perfectamente posible elexir unha licencia de software libre para os Proxectos Fin de Carreira nas universidades galegas.
¿Cómo se aplica a licencia elexida ó código do PFC?
No seguinte enlace podedes ver cómo aplicar unha licencia a un proxecto de software.