Teño unha dúbida que non puiden resolver a través da web, ¿cómo podo arranxalo?
Se a dúbida se refire a algún aspecto público (cómo darse de alta na forxa de mancomún, uso do repositorio, etc) podes facela a través da lista pública de correo, onde estarán outros participantes e nós mesmos que poderemos botarche unha man.
A miña pregunta é persoal, e preferiría facela en privado, ¿tedes algún modo de contacto?
Podes poñerte en contacto connosco a través dos seguintes medios:
- teléfono: 981 913 991 ext. 3
- correo-e: premiopfcsoftwarelibre@igalia.com