O pasado luns 29 tivo lugar na Aula de Graos da Facultade de Informática a entrega do IV Premio ao mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre, organizado por Igalia coa colaboración de Mancomún e as tres universidades galegas e o patrocinio do CENATIC.
O gañador foi Diego Darriba López co seu proxecto “ProtTest-HPC: unha Aplicación Distribuida de Altas Prestacións para a Selección de Modelos de Evolución de Proteínas“.
Tamén se concedeu un Accésit (con unha dotación de 500€) a Alberto Silva López polo seu proxecto “Servizo xerador de escenas 3D a partires de provedores de datos OGC“.
Debido á calidade do proxecto presentado, o xurado tamén acordou conceder unha mención de honra ao proxecto de Álvaro de Vega Díaz “Diseño, implementación y prueba de una librería para el tratamiento paralelo de un contenedor de datos“.

