“Diego Darriba, premio ao mellor proxecto de fin de carreira con software libre

21December2010

O pasado Venres 10 tivo lugar na sede de Igalia, a clausura dos IV premios ao mellor proxecto fin de carreira con software libre, organizados por Igalia e co patrocinio de CENATIC.

IMG_4915

IMG_4921

O xurado estivo conformado por representantes das facultades e escolas de informática e telecomunicacións das universidades galegas: Alberto Valderruten Vidal, da Facultade de Informática da UDC; Raúl Rodríguez Rubio, da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da UVI; Francisco Javier Rodríguez, da Escola Superior de Enxeñería Informática da UVI; David López Vilariño da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC; ademáis de Roberto Vieito por parte de Mancomún e Jacobo Aragunde e Alberto García por parte de Igalia.

IMG_8066

De cara á resolución tivéronse en conta tantos os aspectos puramente técnicos dos proxectos como os relacionados coa comunidade e o uso de ferramentas libres.

O gañador desta edición foi Diego Darriba López co seu proxecto “ProtTest-HPC: unha Aplicación Distribuida de Altas Prestacións para a Selección de Modelos de Evolución de Proteínas”.

IMG_8056

Tamén se concedeu un Accésit (con unha dotación de 500€) a Alberto Silva López polo seu proxecto “Servizo xerador de escenas 3D a partires de provedores de datos OGC”.

Por último, e debido á calidade do proxecto presentado, o xurado tamén acordou conceder unha mención de honra ao proxecto de Álvaro de Vega Díaz “Diseño, implementación y prueba de una librería para el tratamiento paralelo de un contenedor de datos”.

Queremos felicitar a todos os participantes polo seu tempo e traballo e por publicaren os seus proxectos con licenzas libres.

Queremos tamén agradecer ao CENATIC o seu patrocinio, que axudou a que esta iniciativa fose posible.

Grazas a todos pola vosa axuda e participación.

Resolución IV edición do Premio

2December2010

O pasado luns 29 tivo lugar na Aula de Graos da Facultade de Informática a entrega do IV Premio ao mellor Proxecto de Fin de Carreira con Software Libre, organizado por Igalia coa colaboración de Mancomún e as tres universidades galegas e o patrocinio do CENATIC.

O gañador foi Diego Darriba López co seu proxecto “ProtTest-HPC: unha Aplicación Distribuida de Altas Prestacións para a Selección de Modelos de Evolución de Proteínas“.

Tamén se concedeu un Accésit (con unha dotación de 500€) a Alberto Silva López polo seu proxecto “Servizo xerador de escenas 3D a partires de provedores de datos OGC“.

Debido á calidade do proxecto presentado, o xurado tamén acordou conceder unha mención de honra ao proxecto de Álvaro de Vega Díaz “Diseño, implementación y prueba de una librería para el tratamiento paralelo de un contenedor de datos“.