Tras avaliar a boa acollida da nova edición do Premio, Igalia decidiu ofrecer un desconto adicional do 10% nas taxas de inscripción do Máster en Software Libre a todos os participantes que cumpran os requisitos para ser avaliados para o Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira.
Trátase dun paso lóxico, xa que o espírito do Premio é fomentar o uso do Software Libre e a participación no mesmo amosa un compromiso forte cos fundamentos do movemento, baseados no libre intercambio de coñecemento e o traballo colaborativo.
O Máster de Software Libre proporciona a formación completa para posicionarse no ámbito profesional, pero o importante é que os futuros hackers entren en contacto cos principios do Software Libre cando aínda teñen unha mente aberta, libres da influencia das grandes factorías de software.
Co apoio do Máster de Software Libre ó Premio tentase incentivar ós estudiantes a descubrir un novo concepto de hacker, máis orientado ó coñecemento profundo das tecnoloxías e a capacidade de liderar proxectos e comunidades.
Para máis detalles, consultar á sección Xurado e Criterios de avaliación deste blog, ou directamente na páxina correspondente na web do Master.