Desde Igalia temos o pracer de anunciar unha nova edición do “Premio
ao mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre”.
Para esta nova edición contamos con novos colaboradores, salientando a
axuda recibida por parte do CENATIC, centro de referencia na difusión
e apoio ao Software Libre a nivel estatal.
Os centros educativos Galegos continúan a dar soporte á iniciativa,
dado o gran interese desde o punto de vista educativo que ten o
proxecto. O apoio de Mancomún tamén se mantén este ano, o que confirma
a aposta das institucións Galegas adicadas ao fomento da tecnoloxía.
O proxecto xa atinxiu un nivel de madureza importante, e xa pode
considerarse como unha vía estable para o desenvolvemento dos
proxectos dos estudantes, o nivel de aceptación da iniciativa entre o
colectivo de profesores nas Universidades e Escolas Técnicas é o
adecuado e pensamos que a mellor forma de chegar aos alumnos é falar
con eles directamente.
Aínda están por concretar as datas e lugares, pero a intención de
Igalia para este ano é informar de forma presencial tanto aos
profesores como aos alumnos, intentando explicar as motivacións que
hai detrás do Software Libre e por que é beneficioso facer o PFC
dentro deste marco tecnolóxico.
Estade atentos á lista de correo (premio-pfc-swl@mancomun.org) e á
sección de novas do blogue para recibir máis información acerca dos
actos de difusión e apoio que se están a planificar.

