Só restan 15 días para que se cerre o plazo de inscripción no premio. A través da rolda de correo temos enviado un guión do que podería ser a memoria relativa ó proxecto, que terá que ser enviada antes do 31 de Outubro á dirección de correo premiopfcsoftwarelibre@igalia.com
Aínda que todos os puntos descritos a continuación son importantes de cara a avaliación dos traballos, esta estrutura é meramente unha suxerencia para os participantes.
- Presentación e introducción
- Desenvolvemento do PFC
- Aspectos técnicos relativos ó pfc: tecnoloxías, qué problema resolve, etc
- Resumo da memoria técnica do PFC
- Software libre no PFC
- Xustificación: ¿por qué software libre?
- Software Libre usado no proxecto: ferramentas, librerías, …
- Licencia: cal foi elexida e por qué
- Actividade pública
- Distribución do código: forxas e ferramentas usadas, etc
- Publicidade e outras ferramentas utilizadas na difusión e contacto con usuarios e outros desenvolvedores: web, blog, roldas de correo, …
- Conclusións
Por outra banda, as memorias dos finalistas do ano anterior están dispoñibles públicamente a través da Forxa de Mancomún:
- Gañador: Miguel Álvarez Úbeda, Ferramenta de análise de redes [PDF].
- Accésit: Orlando García Feal, Katmus [PDF].
- Mención de Honra: Diego Pérez Montes, ASTRA [PDF].